Zona Aberta sortea 500 euros na campaña do Día do Pai

VILAGARCÍA> Achégase o día do pai e Zona Aberta de Vilagarcía celébrao sorteando un premio de 500 euros en vales desconto e un xantar. As papeletas regalaranse coas compras nos comercios asociados e terán que levar escrito o nome dalgún pai. O sorteo será o día 20.

Que mellor regalo para teu pai que 500 euros? Esa é cifra que vai a sortear en vales de compra a asociación Zona Aberta de Vilagarcía na campaña do Día do Pai.  Os diferentes establecementos membros regalarán papeletas cas compras, sempre e cando se indiquen nelas o nome dalgún pai. Ademais dos vales tamén se sorteará unha comida no Churrasco Rubiáns.

Dende o Concello de Vilagarcía móstranse contentos cas campañas de Zona Aberta xa que as consideran unha gran iniciativa para potenciar o comercio local.

A pesar de que os pequenos negocios non pasan polo seu mellor momento, as iniciativas de Zona Aberta conseguen unha gran acollida e espéranse unha boa resposta nesta campaña.

Como ven sendo habitual nas datas festivas a asociación realiza sorteos entre os clientes dos comercios locais. Unha forma de devolver á localidade a confianza depositada. O sorteo terá lugar o día 20 as 8 da tarde.