O escritor José Carou Rey gaña o XVIII Certame Literario Avilés de Taramancos

NOIA> O autor rianxeiro presentouse ó concurso, que convoca cada ano o concello de Noia e a Casa da Gramática do IES Virxe do Mar, coa obra ‘Desvelando a Ademar Escambia’. Esta mañá dábase a coñecer o fallo do xurado.

Este é o momento no que o edil de Cultura, Pepe Pérez,  lle comunicaba telefónicamente ó gañador, o escritor rianxeiro José Carou Rey o fallo do xurado da décimo oitava edición do certame de relato de aventuras Avilés de Taramancos. A súa obra ‘Desvelando a Ademar Escambia’ foi a elixida polo xurado entre as sete obras presentadas ó concurso.

Ao certame Avilés de Taramancos está galardoado cun único premio de tres mil euros e a publicación da obra, así como unha escultura do artista noiés Alfonso Costa. A entrega do premio ó excritor rianxeiro, profesor do IES Espiñeira de Boiro terá lugar no prazo dun mes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí