Regresa Pontevedra 4 Picos, a gran festa do ciclismo

PONTEVEDRA> Xa está aquí a quinta edición da carreira Pontevedra 4 Picos. Un evento que xa é un clásico na cidade e no que mañá participarán máis de 1.500 ciclistas.

Pontevedra 4 Picos supera todas as expectativas e volve a ser un éxito de participación. Máis de 1.500 deportistas competirán mañá na quinta edición desta proba que é xa un referente no ciclismo internacional.

Nesta edición participarán ciclistas de diferentes puntos de España e incluso de Portugal. A organización está ultimando os detalles para garantir a seguridade na proba.

Os ciclistas poderán competir na modalidade de 4 picos, cun percorrido de 125 quilómetros, ou na súa versión máis corta, de 60 quilómetros, coa de 2 picos. Unha das cousas que máis sorprendeu nesta edición á organización da proba é a gran participación feminina.

A carreira comezará ás 8.30 horas no Recinto Feiral e durante a proba haberá espectáculos musicais para animar a todos os asistentes. Polo que máis que un evento deportivo esta é a gran festa do ciclismo.