Cambados vístese de gala para darlle a benvida ao título de Cidade Española do Viño 2024

CAMBADOS> Cambados arranca a súa programación como Cidade Española do Viño 2024. Esta sábado vaise celebra-la gala que supón o punto de partida ao conxunto de actividades que se programaron para este ano dende o concello. Entre elas, salienta a celebración da Festa do Albariño de Vitoria, que vai ter lugar o 22 de xuño. Dende o concello salientan que este novo recoñecemento é o resultado dun esforzo conxunto do sector e as administracións.

Cambados vístese de gala para darlle a benvida ao título de cidade Española do Viño 2024. Este sábado ás 8 vai ter lugar no Auditorio da Xuventude o acto inaugural. Nel daranse a coñece-los contidos que se celebrarán ao longo deste ano partindo desta distinción.  

Á gala, aberta ao público en xeral, asistirán profesionais e representantes das distintas actividades produtivas do municipio, con ampla presenza do sector do viño tanto a nivel local como español. Ao evento tamén asistirá a presidenta de ACEVIN, asociación que impulsa este distintivo.

Dentro da programación deseñada, o concelleiro de Enoturismo salienta a celebración da Festa do Albariño de Vitoria, implicando con ela á colectividade galega que vive en Euskadi.

Abal entende que, do mesmo xeito que no 2017 co título de Cidade Europa do Viño, este novo recoñecemento supón un gran impulso e proxección para o sector vitivinícola. Cre que é o resultado de moitos anos de traballo.

Destaca tamén a implicación e esforzo de todos os profesionais do sector para ter chegado ata aquí.