Exposición de Orive: Entre o mar e a Terra

VILAGARCÍA> Pintar a natureza e non plásticos nin contaminacións. Con esta frase a pintora Rosario Orive presentou en Vilagarcía a súa exposición “Entre o mar e a terra”, inspirada na natureza. Estará aberta dende hoxe ata o 19 de xuño.

Vilagarcía estrea unha nova exposición artística, esta vez da pintora burgalesa, afincada na vila, Orive. A obra pode visitarse dende hoxe no Auditorio municipal. A concelleira de cultura destaca os seus cadros vitalistas e ligados á nosa terra.

Cando Orive chegou a Galicia a comunidade vivía o desastre do Prestige. Un feito que marcou a carreira artística da pintora.

Dentro da súa nova exposición, unha sección de cadros están relacionados co fondo do mar. Unha serie inspirada pola súa nova terra, Vilagarcía.

Nas súas creacións tamén destacan as cores vivas.

A mostra poderá visitarse de forma gratuíta no Auditorio de Vilagarcía de hoxe ata o  19 de Xuño.