Lousame investirá 165 mil euros na mellora da eficiencia enerxética do seu alumeado público

LOUSAME> A actuación, que vén de ser adxudicada, permitirá unha redución do gasto eléctrico duns 30 mil euros anuais.

O proxecto que vén de adxudicar o equipo de goberno permitirá a substitución de 348 puntos de luz do alumeado público en Portobravo, en Cruído e tamén en Berrimes. Cambiaranse os sistemas de iluminación por sistemas LED, renovarase os centros de mando e tamén o cabreado, entre outras actuacións. O importe da actuación ascende a preto dos 165 mil euros e o prazo de execución dos traballos será de dous meses aproximadamente. A alcaldesa, Teresa Villaverde, destacou a importancia deste proxecto que suporá unha redución do gasto enerxético do Concello nuns trinta mil euros anuais, así como unha minoración do consumo enerxético.