Rañeir@s de Arousa modifica as cotas do libre marisqueo ante a campaña de Nadal

A ILLA> A Asociación Rañeir@s da Ría de Arousa modifica as cotas do libre marisqueo para facer fronte á campaña de nadal. Especies como o berberecho e a xapónica baixarán os topes máximos ante a pouca cantidade de produto. En canto aos bancos, o dos Lombos do Ulla segue sendo o que presenta mellor estado esta tempada.

Unha das épocas máis importantes para os mariscadores está a volta da esquina. Coa campaña de nadal no horizonte, a asociacións Rañeir@s da Ría de Arousa modifica as cotas do libre marisqueo. O obxectivo é regular a extracción de determinadas especies e que non se vexa afectada a súa calidade e o seu prezo nas datas festivas.

Unha das boas noticias que se levaron os rañeiros este ano é a recuperación do berberecho. Por iso é unha das especies que protexerán de cara ao nadal con topes máximos.

Os topes máximos dependerán de como respondan os prezos nos vindeiros días.

A situación do libre marisqueo non cambiou dende que comezou a tempada. Os lombos de Ulla segue sendo o banco que mellor responde mentres en Cabío hai máis escaseza.

Dende Raiñeir@ da Ría de Arousa confían en que estas medidas favorecerán que a tempada de nadal sexa boa. Este será a primeira campaña que xestiona a Asociación. Dende a agrupación restan importancia a este feito e destacan que o único que buscan é que a xente poda traballar día a día e ter unhas xornadas dignas.