OUTES> O alcalde, Manuel González, e o concelleiro de Comunicación, Anxo Núñez, foron os encargados de presentar a nova app ‘Outes Informa’.
Trátase dunha aplicación móbil gratuíta ó servizo da veciñanza na que se dá acceso doado e sinxelo a toda a información municipal de relevancia.
A través desta aplicación os veciños poderán tamén comunicarse directamente co Concello para enviar propostas ou mesmo informar dalgunha incidencia.
A aplicación ‘Outes Informa’ xa está dispoñible para a súa descarga nas versión Android e IOS.
Dende o Concello destacaron a importancia deste novo servizo, co que se pretende dar un paso máis dentro do seu plan de mellora da comunicación que continuará coa renovación da páxina web municipal.











