A Policía Local de Boiro renuncia á retribución económica das horas extras

BOIRO> Os axentes comunicáronlle ó alcalde, José Ramón Romero, a súa decisión de renunciar á retribución das horas extraordinarias durante a duración do Estado de Alarma motivado pola crise do coronavirus.

Os axentes da Policía Local de Boiro van seguir realizando as horas extraordinarias que sexan necesarias para a prestación do servicio as 24 horas do día. Deste xeito pretenden paliar a carencia de axentes motivada pola falta de provisión das prazas vacantes durante os últimos once anos. E farano ademais sen recibir ningunha contraprestación económica. A decisión acordada polos axentes xa lle foi trasladada ó alcalde. Por outra banda o Concello xa aprobou a Oferta de Emprego Publico, na que se inclúen catro prazas de axentes e unha máis de Oficial, persoal necesario para poder garantir a continuidade do servizo que a Policía Local presta no municipio. Nas últimas semanas incorporáronse tamén ó servizo tres auxiliares, pertencentes a lista de Auxiliares 2019, para reforzar a plantilla de axentes. Estes axentes prestarán servizo mentres non se remate o proceso selectivo correspondente a este ano, que se tivo que suspender pola crise sanitaria motivada do coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí