O complexo da Chaínza albergará un local para a mocidade e un centro de día

NOIA> Xa están en marcha as obras do futuro albergue de peregrinos da Chaínza en Noia. Esta actuación é a primeira das moitas previstas neste complexo no que se habilitará tamén un centro de día e un local para a mocidade.

A antiga fábrica de curtidos da Chaínza vai camiño de converterse non só nun referente patrimonial turístico senón tamén nun centro neurálxico onde se concentren varios servizos. Ademais do albergue de peregrinos, o conxunto de naves albergará un local para a mocidade e un centro de día para maiores.

O concello de Noia aposta así pola posta en valor deste conxunto patrimonial que suporá un importante investimento nas vindeiras anualidades.