Lousame volve homenaxear a Zernadas de Castro no Día das Letras

LOUSAME> Lousame volveu conmemorar o Día das Letras Galegas coa súa tradicional ofrenda floral ante o busto do cura de Fruíme. Foi o único acto de conmemoración presencial posto que o resto do programa deseñado polo concello desenvolveuse a través da web municipal.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, foi a encargada de realizar a ofrenda floral ante o busto de Diego Antonio Cernadas de Castro, máis coñecido como o cura de Fruíme. Un acto co que o concello de Lousame volve reivindicar que se dedique un día das Letras galega ó escritor lousamián.

Tan só uns poucos veciños da parroquia asistiron ó acto por mor das restricións do estado de alarma. Unha imaxe ben distinta á de anos anteriores na que centos de persoas ateigaban a igrexa de Fruíme.

O resto dos actos para celebrar o día das Letras Galegas tiveron lugar de xeito virtual. Entre eles, a conferencia ‘Zernadas de Castro e a súa obra’, ofrecida polo escritor e ensaista Xulio Pardo de Neyra e á que se pode acceder a través da páxina de Facebook do Concello de Lousame.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí