Ribeira celebrará un pleno telemático para encaixar as axudas polo COVID nos orzamentos

RIBEIRA> O concello de Ribeira celebrará un pleno telemático a finais deste mes para a aprobación do orzamento municipal. O obxectivo é dar luz verde ás partidas necesarias para desenvolver o Plan de reactivación económica para os afectados polo Covid.

A convocatoria deste pleno extraordinario que se desenvolverá vía telemática a finais deste mes de maio urxe para buscar encaixe orzamentario ás axudas ós afectados pola pandemia que se pretenden implementar dentro do ‘Plan Reactiva Ribeira’. A pasada semana xa tivo lugar unha reunión con tódolos grupos da corporación para presentar un borrador do documento que tamén se lle trasladou ós partidos que non obtiveron representación nas últimas eleccións: Ciudadanos, IpdeR e Compromiso por Galicia.

O goberno ten intención tamén de convocar outro pleno extraordinaria a mediados de xuño para sesión de control ó goberno. En función da evolución da pandemia decidirase se volve ser telemático ou se reanudan as sesións presenciais.

Por outra banda, o concello de Ribeira anunciou a entrada en vigor novamente da zona azul que permanecía destactivada dende que se decretara o estado de alarma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí