A Deputación de Pontevedra busca reactivar o turismo ofrecendo ‘garantías e confianza’

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presenta un plan para a reactivación do turismo nas Rías Baixas. O proxecto céntrase en trasladar ó visitante garantías sanitarias e confianza. A presidenta da Deputación entende que a provincia ten que estar preparada para converterse nun destino seguro na nova normalidade.

A Deputación de Pontevedra quere que a provincia estea preparada para converterse nun destino seguro. Hoxe presentouse o avance do Plan de reactivación de Turismo Rías Baixas. Garantía sanitaria, flexibilización e confianza son os elementos clave para que o turista elixa este destino

A presidenta entende que a provincia non pode perde-lo tren turístico da nova normalidade, tendo en conta que os expertos vaticinan que Galicia será unha das comunidades mais atractivas para que os españois fagan turismo. Para iso, di Carmela Silva, cómpre poñer en valor experiencias locais e sostibles.

Silva explica que este plan naceu dun proceso participativo entre o sector público e privado.

Ademais do avance deste plan de reactivación da economía, esta mañá a Deputación tamén presentou as úa segunda campaña de promoción do comercio local. Mantén o lema da primeira, ‘Pontevedra provincia na túa cesta’ pero engade o slogan ‘Elixe comercio local’, adaptándose a tódalas comarcas da provincia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí