LOUSAME> O Trail de Lousame terá lugar o 29 de decembro. A cita, presentada esta mañá no Concello, vén este ano cargada de importantes novidades. Unha delas é que por primeira vez se vai desenvolver unha proba de maratón trail na que se poñerá en xogo o Campionato Xunta de Galicia na distancia de 45 km.
Lousame converterase un ano máis no epicentro do trail galego o vindeiro 29 de decembro. A cita, que chega este ano a súa novena edición, foi presentada esta mañá no Concello. Como é tradición a proba contará con dous percorridos, un longo de 25 quilómetros e outro curto de 14. A principal novidade este ano é que por primeira vez incluirá unha terceira modalidade, o maratón trail na que se poñerá en xogo o Campionato Xunta de Galicia na distancia de 45 km.
A proba conta coa colaboración de diferentes entidades, entre elas a propia Xunta de Galicia e tamén a federación Galega de Atletismo.
Dende o Concello destacaron a importancia desta cita que cada ano atrae a máis deportistas. Unha proba escaparate, que significa moito para o Concello, e que é posible grazas tamén a implicación e o traballo de moitas persoas.
Ó Trail sumaranse tamén outras dúas citas importantes como son o Pequetrail e a andaina Belén de Cumes, que se celebrarán os días 12 e 13 de decembro, respectivamente. As inscricións, cun limite fixado nas 300 prazas para cada unha das probas, xa están abertas a través da web www.carreirasgalegas.com











