LOUSAME> A concellería de Cultura de Lousame que dirixe Silvia Agrafojo volve a organizar, e xa van seis edicións, o Festimaxia, para o que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
No festival incluiranse tres espectáculos que terán lugar tódolos domingos de novembro, ás seis da tarde, na casa da cultura.
Tódalas sesións serán de acceso gratuíto, previa inscrición en bandoticket.com.
A primeira das actuacións previstas será xa este vindeiro domingo día 14 e correrá a cargo do Mago Romarís, co seu espectáculo ‘Maxia potáxica’
O domingo 21 tocaralle o turno a David Méndez, con ‘Maxia de aquí e de acolá’ e o domingo 28 pechará o festival Miguel de Lucas co espectáculo ‘Olé’.
Ó longo deste mes de novembro a casa de cultura acollerá tamén unha exposición titulada ‘As mulleres no mundo da maxia’ coa que se pretende visualizar o papel das mulleres no mundo do ilusionismo.