O ‘Festival novo circo’ abrirá este domingo o programa cultural especial de outubro en Lousame

LOUSAME> Lousame organiza un programa cultural especial para este mes de outubro que inclúe ata oito espectáculos familiares e gratuítos. A edil de Cultura, Silvia Agrafojo explicou que se trata dun programa para tódolos públicos e gustos. segundo ela desenvolveranse seguindo unhas estritas medidas de seguridade, con ocupacións limitadas, e nas que será preciso anotarse previamente na Casa da Cultura ou chamando ó teléfono 981-82 57 80.

O programa arranca xa este domingo co “Festival novo circo”, no polideportivo municipal de Lousame a partir das seis e media da tarde. Prevéndose posteriormente actuacións tódalas fins de semana do mes con artistas e grupos recoñecido coma o actor e director Quico Cadaval; Malasombra Producións, Uxía Lambona e a Banda Molona ou Xanela do Maxín, entre outros. Para máis información ou reservas de entradas os interesados poden dirixirse ó departamento de cultura ou a través do correo: culturadelousame@gmail.com.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí