LOUSAME> O concello de Lousame volve apostar por achegar o saber a tódolos veciños a través da aula da UNED Senior da Coruña sobre música tradicional. Xa está aberto o prazo de inscrición para este obradoiro formativo dirixido a maiores de 55 anos de toda a comarca.
O alcalde de Lousame e a responsable Aula de Lousame,da UNED Sénior A Coruña-, presentaron esta mañá unha nova edición da Escola de Música Tradicional, aberta a persoas maiores de 55 anos non só de Lousame senón de toda a comarca.
As clases darán comezo a primeira semana de outubro e desenvolveranse tódolos luns na csa da Cultura. Os interesados en participar xa poden reservar a súa praza a través de bandoticket.com. A matrícula é de balde e permanecerá aberta durante todo o curso.











