A Deputación e o Concello avanzan no proxecto do novo vial de Mollavao

PONTEVEDRA> A Deputación e o Concello de Pontevedra asinaron hoxe un convenio de colaboración para a execución das obras do novo vial de Mollavao. Unha nova vía que unirá a rúa Rosalía de Castro coa Avenida de Marín. O proxecto contará cun orzamento superior aos 900.000 euros. Importe que será financiado pola propia institución provincial.

Con estas firmas, a Deputación e o Concello de Pontevedra puxeron hoxe en marcha a contra atrás para as obras do novo vial de Mollavao. A institución provincial confirmou con este convenio que asumirá os 938.000 euros que custará esta estrada. Unha vía que unirá Rosalía de Castro coa Avenida de Marín.

O novo vial de Mollavao será fundamental para reavivar toda esta zona. Aínda que a actuación non será moi grande, esta obra solucionará importantes problemas ambientais e urbanísticos.

A nova estrada de Mollavao discorrerá entre dúas glorietas, unha na avenida de Marín e outra na estrada vella. A vía contará cunha lonxitude duns 97 metros e un ancho de 15 metros. A intención de ambas administración é poñer en marcha estas obras no ano 2021, unha vez se reciba a aprobación definitiva de Costas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí