A Mancomunidade do Salnés presenta unha nova edición do obradoiro de hostalería

SANXENXO> A mancomunidade do Salnés presenta a décimo cuarta edición obradoiro de hostalería. 20 participantes volverán a formarse nas especialidades de restauración e cociña. O obradoiro ten unha duración de 9 meses e unha inserción laboral que rolda o 100%.

A mancomunidade do Salnés presentou a décimo cuarta edición do seu obradoiro de hostalería. Cada ano 20 alumnos fórmanse nas especialidades de restauración ou cociña. O obradoiro volve ter a súa sede nas instalacións do Real Club náutico de Sanxenxo. Dende a vila resaltaron a importancia estratéxica deste sector para o seu municipio.

A mancomunidade conta coa colaboración da xunta de Galicia. Estes módulos son os máis demandados e os que gozan de máis inserción laboral. O obxectivo final destes talleres.

Para conseguir esa inserción, os participantes formaranse durante 9 meses, non só na súa especialidade, se non tamén noutras materias transversais como igualdade, medio ambiente ou informática. Os alumnos recibirán unha prestación mentres realizan o obradoiro, e ao rematalo obterán o certificado de profesionalidade.

Dende a xunta tamén quixeron destacar a formación que a mancomunidade realiza con este obradoiro.

Os alumnos xa comezan a facer as súas primeiras prácticas. Durante estas datas colaboran con Cáritas para cociñar e entregar 100 menús aos máis necesitados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí