A Pobra volverá converterse en punto de referencia da implantoloxía dental

A POBRA> A Pobra acollerá esta fin de semana unha nova edición do simposio de odontoloxía que recupera a presencialidade. douscentos profesionais daranse cita no auditorio do Museo Valle-Inclán para coñecer as últimas novidades en implantoloxía.

A Pobra volverá convertese en punto de referencia da implantoloxía odontolóxica esta fin de semana coa 15 edición do simposio de Odontoloxía organizado por Atlantic Dental Institute. As xornadas comezarán o venres pola tarde cun taller sobre terapia reconstrutiva para o manexo da periimplantite, impartido por Alberto Monje.

O sábado terá lugar o simposio no auditorio do museo Valle-Inclán no que, ademais do anfitrión Gonzalo Lópxz Castro, intervirán os prestixiosos odontólogos José Santos Soage e Sergio García Bellosta. A xornada rematará cun xantar de confraternidade no restaurante Sisal.Como nas anteriores edicións, o evento conta co patrocinio de DentsPly Sirona Academy que volve apostar por este congreso de primeiro nivel.

Dende o concello quixeron tamén agradecer a Gonzalo López Castro  a súa teima por seguir a organizar un evento de tanto nivel na Pobra posto que contribúe a poñer o municipio no mapa como referente de vangarda no eido da odontoloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí