Desmatelado un punto de venda de droga na Pobra

POBRA> A Garda Civil logra desmantelar un punto de venda de drogas na Pobra do Caramiñal. Foi na denominada Operación Soñador. Detivéronse a un total de tres persoas, todas elas veciñas da localidade, un dos cales xa ingresou en prisión.

Froito do traballo levado a cabo dende o pasado mes de xaneiro, nada máis ter coñecemento da posible existencia dun punto de venda de drogas na Pobra, a Garda Civil iniciou unha investigación.

Grazas a ese labor os axentes lograron deter a tres persoas, todas elas veciñas da localidade. No rexistro realizado na vivenda dun dos prendidos atopáronse diversas cantidades de droga, tanto heroína, coma cocaína e haxíx, así como tamén unha pequena cantidade de marihuana.

Os axentes tamén interviñeron diversos utensilios empregados na manipulación das substancias, así como tamén diñeiro en metálico e unha carabina de aire comprimido.

Os tres detidos, todos con antecedentes anteriores por feitos similares, xa pasaron a disposición xudicial no Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira, que decretou o ingreso en prisión para un deles e medidas cautelares para os outros dous.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí