A corporación muradá ultima os trámites para o inicio das obras da gardería

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/30/alcaldesagarderiamuros3005141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/30/alcaldesagarderiamuros300514.mp4{/flowplayer} MUROS> Onte pola noite aprobábase en pleno a declaración de utilidade pública da parcela contigua ó colexio Ricardo Tobío de Esteiro, na que se construirá a futura escola infantil. A alcaldesa, Caridad González, informou tamén das reunións que está a manter cos responsables do Consorcio Galego de Benestar de cara a impulsar o inicio das obras de construción da gardería. Segundo ela os traballos poderían comezar a principios do mes que vén. Caridad González referiuse tamén ós máis de dez anos que o concello muradán vén demandando a posta en marcha deste servizo, para eles prioritario, de cara a facilitar a conciliación laboral e familiar de moitas familias do municipio. A futura gardería dará servizo inicialmente a uns 25 nenos. A obra estará financiada nun sesenta por cento pola Xunta e o corenta restante polo concello que investirá máis de catrocentos mil euros na instalación.