A incidencia de casos en Ribeira podería estar ligada ás festas privadas e botellóns

RIBEIRA> A evolución da covid segue a preocupar en Ribeira. Hoxe son 122 os casos activos no municipio. O alcalde, Manuel Ruíz, referiuse a que son xa moitas semanas nas que a incidencia acumulada non baixa de 200 a 7 días. Uns datos, segundo el, alarmantes.

Ruíz referiuse tamén ás últimas actuacións da Policía Local que tivo que acudir a varias zonas do municipio a disolver festas e macrobotellóns que estaban a incumprir as medidas sanitarias en vigor.