A POBRA> Os pobrenses volverán adiantarse ó calendario coa Festa pre fin de ano que terá lugar a mediodía. As badaladas correrán nesta terceira edición a cargo dunha polifacética veciña que será a encargada de dar a benvida ó 2026 por adiantado.
Por terceiro ano consecutivo, o concello da Pobra aposta por adiantar as badaladas de fin de ano, ofrecendo así unha proposta de lecer máis familiar para aqueles que non saen de noite. Ás once e media da mañá comezará o reparto de uvas e cotillón e a mediodía terán lugar a despedida simbólica do ano a cargo de Mariló Ríos, unha polifacética pobrense.
A xornada contará con animación de rúa a cargo dos Festicultores. Xa pola noite, os que aínda teñan ganas de festa poderán achegarse ata a carpa situada na Praza Alcalde Segundo Durán que contará con discomóbil a partir da unha da mañá.











