Tanxugueiras, Andrea Pousa, Coti e Budiño principais atractivos do San Bartolomeu

NOIA> Esta mañá presentábase o cartel das festas do San Bartolomeu . Como xa acontecera o pasado ano coa chegada da pandemia, a súa programación verase reducida. Destacan os actuacións da Banda do Terror, Tanxugueiras, Andrea Pousa, Coti e Budiño. Serán concertos gratuítos na praza do Tapal con reserva previa e cumpríndose tódalas medidas de prevención anticovid.

A concellería de Cultura de Noia presentou esta mañá a programación especial deseñada para esta última quincena do mes de agosto, coincidindo coa celebración das Festas do San Sartolomeu. Seguen a apostar por unha cultura segura, a través de concertos en espazos acoutados e con menor nivel de ocupación para evitar posibles contaxios.

Como xornada previa ós festexos programaranse dúas actuacións na praza do Tapal, o venres 20 A Banda Crebinsky e o sábado 21 o grupo de música tradicional Leirabuxo.

Os concertos terán continuidade xa esa semana das festas coas actuacións de A Banda do Terror, Tanxugueiras, Andrea Pousa, Coti e Budiño. Serán concertos gratuítos na praza do Tapal con reserva previa a través de programacionconcellonoia@gmail.com e cumpríndose tódalas medidas de prevención anticovid.

Dende Cultura Noia programáronse tamén para eses días vermús musicais con grupos locais por distintos emprazamentos da vila, co fin de dinamizar as mediodías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí