O INTECMAR sitúase como referente mundial no control da calidade mariña

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/14/ruedaquintanaintecmar1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/14/RUEDA_QUINTANA_INTECMAR.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA> A toxina lipofílica vai remitindo e a previsión é que de cara ás vindeiras horas se poidan ir abrindo novos polígonos en Arousa. Son datos que ofrecía esta mañá a directora do Intecmar e sobre os que a consellería do Mar volveu a sacar peito incidindo na súa máxima fiabilidade. Nos dez anos que leva funcionando o Intecmar, di Rosa Quintana, converteuse xa nun centro de investigación de prestixio internacional. A consellería do Mar insiste en lanzar unha mensaxe de tranquilidade e garantía tanto ó sector marisqueiro como ó consumidor alegando a máxima rigorosidade que revisten os exames realizados polo Intecmar. Nos dez anos que leva en funcionamento, o instituto logrou situarse como referente a nivel internacional, participando en 23 misións de inspección e control da calidade do medio mariño xunto á oficina alimentaria da Unión Europea. Unha bagaxe que avala os datos que día a día ofrece ó sector en Galicia, actualmente pendente da evolución da toxina. Vai remitindo. Estas declaracións realizáronse no marco dunha visita que o conselleiro de Presidencia realizou ó Intecmar para coñecer o seu funcionamento e a evolución do plan de loita contra a contaminación mariña accidental, antes dependente de Presidencia e desde hai dous anos en carteira de Mar.