A Pobra aposta este entroido por un concurso fotográfico

A POBRA> A concellería de Cultura da Pobra organiza un concurso fotográfico para este entroido. Baixo o título ‘Choqueirada na casa’ a iniciativa repartirá uns dous mil euros en vales de compra entre os gañadores.

A covid e as actuais restricións á mobilidade impiden celebrar o entroido como viña sendo costume. Por esta razón a a concellería de Cultura da Pobra decidiu apostar por un concurso fotográfico co título ‘Choqueirada na Casa’ e así poñer en valor a figura do choqueiro.

Haberá varias categorías, repartíndose uns dous mil euros en vales de compra para gastar no comercio e na hostalería local.

O prazo para a presentación das fotografías será do 12 ó 21 deste mes de febreiro. E o día 26 publicarase na páxina web do Concello a relación de gañadores. Para máis información os interesados poden dirixirse ás oficinas do departamento de Cultura situadas na casa de Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono 981-83 15 45.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí