O GROVE> Nueva Pescanova inaugura no Grove o Pescanova Biomarine Center. Un centro de investigación en I+D+I en acuicultura que porá á empresa á vangarda europeo. As instalacións contan con máis de 4 mil metros cadrados.
Un dos proxectos máis ambiciosos da compañía Nueva pescanova xa é unha realidade. A empresa inaugurou no Grove o Pescanova Biomarine Center. Un centro para a investigación acuícola pioneiro en España e que poñerá á compañía na vangarda europea.
O centro dedicará as súas investigacións á mellora da saúde, nutrición e benestar animal, así como a sustentabilidade e a novas especies de cultivo, como é o caso do polbo, do que a compañía xa conseguiu pechar o ciclo de vida en acuicultura.
O Pescanova Biomarine Center poñerá ao Grove a Galicia á vangarda da acuicultura. As diferentes administracións mostraron a súa satisfacción pola creación deste centro.
O Pescanova Biomarine Center conta nas súas investigacións con proxectos en colaboración con empresas como miscrosoft. As instalacións teñen 4 mil metros cadrados e contan co seu propio museo. Un espazo divulgativo que estará aberto a público para concienciar sobre a importancia de coidar os ecosistemas mariños.