BOIRO> A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta mañá na sede da Asociación Amicos no acto de entrega dos dous mil gorriños e patucos de lá que realizaron as usuarias da casa do maior de Punxín, en Ourense, e que serán incorporados á Cesta Benvidan que a Xunta lle entrega ás familias que acaban de ter un bebé.
Dende hai un tempo Amicos encárgase da súa elaboración.
A consellería de Política Social dá un pasiño máis ó incorporar á cesta benvida que a Xunta lle entrega ás familias que acaban de ter un bebé un produto realizado a man polas usuarias da casa do maior de Punxín.
Trátase dun gorriños e patucos de lá que estas mulleres estiveron elaborando durante os últimos meses para que Amicos os poida incorporar ás cestas benvida que elabora, e que se entregarán nas próximas datas.
Segundo ela o Goberno Galego renovou o deseño desta caixa e incorporou agasallos elaborados a man por usuarios de 21 entidades sociais galegas de xeito que se implique a toda a sociedade na benvida dos novos cativos.