O Museo de Pontevedra e o Museo Nacional de Poznan apostan por estreitar a súa relación

POZNAN> O Museo de Pontevedra e o Museo Nacional de Poznan colaborarán para investigar cientificamente a orixe e percorrido dos cadros espoliados polos nazis e que foron atopados en Pontevedra. A boa relación entre ambas institucións abre, ademais, a posibilidade de realizar exposicións intercambiando fondos. Así o acordaron hoxe os directores de ambas institucións, Xosé Manuel Rey e Tomasz Lecki, na visita que fixo a delegación da Deputación e o Museo provincial á pinacoteca polaca.

Lecki asegurou estar conmovido pola restitución do díptico. Agradeceu ao Museo de Pontevedra que o custodiaran e coidaran estes anos e subliñou que en Polio sería estrano ter aprobado a devolución por unanimidade. Tamén resaltou a importancia que lle confire ao acto que unha delegación pontevedresa se desprazara ata o país.

O responsable polaco lanzou a luva de afondar na colaboración entre institucións e estreitar relacións. Destacou ademais o interese do Museo de Poznan en continuar o estudo científico dos cadros.

Pola súa banda, o director do Museo de Pontevedra confirmou o seu interese por aumentar o vínculo entre os dous territorioos. José Manuel Rey quixo abrir incluso a posibildilade do intercambio de fondos para realizar exposicións cruzadas.

Como peche á visita da delegación pontevedresa ao Museo realizouse un percorrido guiado pola mostra que acolle 24 obras do autor Jacka Malczewskiego. Proveñen de Ucraína e o obxectivo é resgardalas da guerra para evitar a súa destrución ou roubo.

Cerimonia de restitución

Mañá pola tarde celebrarase a cerimonia de conmemoración dos catros que o Museo de Pontevedra restituíu a Polonia. Será no castelo de Goluchow, onde o díptico será exposto definitivamente ao público. Está previsto que, entre outras autoridades, participe no acto o ministro de Cultura e Patrimonio polaco, Piort Glinski.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí