BOIRO> O Pazo de Goiáns volveu acoller este 17 de maio a gran festa das letras galegas no Barbanza. A romaría das letras, organizada pola Asociación Cultural Barbantia en colaboración co concello de Boiro, congregou a numerosos asistentes que gozaron dos distintos espectáculos e actividades que se desenvolveron ó longo de toda a xornada.
Dende o humor de ‘Os Quinquilláns’ ata a música medieval de ‘Os Menestreis’, pasando pola actuación de numerosas agrupacións tradicionais e os ‘Contos de Airiños’. Houbo tempo para a presentación de libros como ‘Cantigas quero eu lembrar’ de Xulio Gutiérrez ou a reedición de ‘Francisco Fernández de Riego. Galeguista de acción e cultura’.
Ademais os asistentes tiveron ocasión de disfrutar da oferta gastronómica e artesá que ofrecían os distintos postos instalados na finca de Goiáns