O Museo do Gravado de Artes estrea nova exposición

RIBEIRA> A mostra titulada ‘Foto xilogravura: a paisaxe no século XXI’. A mostra, que poderá visitarse ata finais de marzo, está composta polos traballos presentados ó Segundo Simposio Internacional de Arte Contemporánea da Guarda en Portugal. Antonio Alcaraz, Aurelia Ayela ou Maite Martínez son algún dos 20 artistas que compoñen esta exposición colectiva titulada ‘Foto xilogravura: a paisaxe no século XXI’ inaugurada esta mañá no Museo do Gravado de Artes. A mostra inclúe os traballos participantes no II Simpósio Internacional de Arte Contemporânea Cidade da Guarda en Portugal. Tamén tomou parte na inauguración o catedrático da Universidade de Salamanca, José Fuentes, encargado da impartición do curso que deu orixe a esta exposición e un dos responsables de que a mostra chegara a Ribeira froito dun convenio asinado entre o propio museo ribeirense e o da localidade lusa. A mostra, que ocupa a salas 1 e 2 do museo, poderá visitarse dende hoxe ata o próximo  31 de marzo.