Un cento de expositores e catro chefs con Estrella Michelín estarán na décima Feira Etiqueta Negra

PONTEVEDRA> Etiqueta Negra está preparada para botar a casa pola ventá para celebrar o seu décimo aniversario. A cita desenvolverase no Recinto Feiral de Pontevedra os días 7, 8 e 9 de novembro, ofrecendo gastronomía, sabores e experiencias vinculadas todas ao gourmet galego. Entre outros atractivos, está prevista a participación dun cento de expositores e de catro chefs con Estrella Michelín.

Así recordaba o alcalde de Pontevedra os primeiros pasos do que rematou sendo a feira máis importante do gourmet galego. Etiqueta Negra celebra este 2026 a súa décima edición. Será os días 7, 8 e 9 de novembro no Recinto Feiral.

A cita reunirá arredor dun cento de expositores. Para unha vintena será a súa primeira vez en Etiqueta Negra. Ademais neste décimo aniversario participarán cator chefs con estrela Michelín: Pepe Solla, Iñaki Bretal, Luis Veira e Yayo Daporta, acompañado pola sumiller Esther Daporta.

A última xornada, o luns día 9, estará dedicada á formación e ás novas xeracións da hostalería. Os protagonistas serán o Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza e a Escola de Hostalería da Mancomunidade do Salnés.

Entre as novidades, este ano destaca unha nova localización da Zona Gastro, que estará na zona superior do recinto. As foodtrucks, pola súa banda, trasládanse ao exterior. A feira contempla tamén unha ampla programación, na Zona de Catas, no Espazo Etiqueta, na Viñoteca e no Anfiteatro 1906. Tamén ofrecerá un espazo de encontro para empresas produtoras, distribuidores, comercio especializado e profesionais da hostalería.