Bo prezo e boas capturas no primeiro día da campaña marisqueira

iniciocampanamarisqueiranoia.jpgNOIA> Os máis de mil seiscentos produtores a pé e a flote que se deron cita nos areais retiraron algo máis de 27 toneladas de bivalvo que cotizou a prezos superiores ós acadados no comezo da campaña do pasado ano.

{flowplayer}barbanza/iniciocampanamarisqueiranoia.flv{/flowplayer}

Pasaba das once da mañá cando os primeiros mariscadores chegaban á lonxa de Testal para deixar as súas capturas nesta xornada inaugural. En xeral, neste primeiro día, o tamaño do marisco foi bastante aceptable e a maioría dos produtores puideron acadar os topes establecidos, chegándose a retirar do mar unhas 23 toneladas de berberecho, 148 quilos de ameixa fina, máis de dúas toneladas e media de ameixa babosa e 13 quilos de xapónica.

As cotizacións desta tarde foron moi superiores as do inicio da pasada campaña: o quilo de berberecho de primeira oscilou entre os once e os 20 euros, cun prezo medio de 18 euros. O berberecho de segunda cotizouse a unha media de 11’39, o de terceira a 5’58 e o de cuarta a tan só tres euros. En canto á ameixa, a babosa tivo un prezo medio de 11’91, a xapónica cotizou de media a 6’25 e a fina oscilou entre os 11’80 euros o quilo, a máis barata, e os 43’48 a máis cara.

Boas expectativas

Segundo nos explicou o propio patrón maior, Santiago Cruz, as expectativas de cara a toda campaña son boas, e todo dependerá do prezo acadado polo marisco en lonxa.

Ata finais de marzo

Está previsto que a campaña se prolongue ata finais de marzo, sempre é cando haxa recurso e os precios se manteñan.

Redacción Barbanza