RIBADUMIA> Máis de 400 participantes daranse cita na sétima edición da Mini BTT Concello de Ribadumia. As probas van ter lugar este vindeiro domingo no no campo de fútbol de Leiro. Alí vanse desenvolver as distintas probas, de diferentes categorías, de rapazada de entre 4 e 14 anos. Na presentación da proba, salientaron que o evento vai mellorando, gañando cada vez máis peso no calendario deportivo da zona.
Trátase dunha das citas deportivas marcadas en vermello no calendario do municipio. Falamos da Mini BTT Concello de Ribadumia. Unha proba que acada este ano a súa sétima edición e que se vai celebrar este domingo no campo de fútbol de Leiro. Na xornada agárdase a participación de máis de 400 ciciclistas.
A proba está organizada polo Club Ciclista de Ribadumia, coa colaboración entre outros do concello e a Federación Galega de Ciclismo. A rapazada que vai participar ten entre 4 e 14 anos, dividida en distintas categorías, cun circuíto adaptado ás súas necesidades.
Na presentación da proba, salientaron que o evento esta Mini BTT vai mellorando ano a ano, gañando cada vez máis peso no calendario deportivo da zona.
O Club Ciclista de Ribadumia conta ademais cunha puxante escola que non deixa de medrar. A esta proba aportará arredor de 60 nenos e nenas.










