MUROS> O concello de Muros pon en marcha unha campaña para a celebración do orgullo. Coincidindo co comezo das súas festas patronais organizarán diversas actividades como unha festa holi, actuacións musicais e o acto institucional coa lectura dun manifesto.
As festas patronais de San Pedro, en Muros, contarán este ano cun cartel máis amplo ó incorporarse as celebracións do Día o Orgullo LGTBI. Ademais da concentración e lectura de manifesto prevista para mañá haberá unha Festa Holi e unha actuación de Paco Nogueiras.
As orquestras Miramar e Claxon completarán o programa desta festa coa que o concello pretende reivindicar a diversidade e a igualdade de dereitos