BOIRO> A concellería de Cultura e Turismo ofertará este verán visitas guiadas ó Centro Arqueolóxico do Barbanza.
As visitas, totalmente gratuítas e para un máximo de 25 persoas, desenvolveranse de xullo a setembro.
A través desta actividade o Concello busca promover o Centro e tamén dar a coñecer o un dos recursos turísticos mais importantes cos que conta o municipio, como son os castros de Neixón.
Ademais das visitas diarias ó Centro Arqueolóxico, programaranse dúas visitas guiadas ós Castros de Neixón.
Para máis información e inscricións, os interesados deberán poñerse en contacto co propio Centro Arqueolóxico do Barbanza, o teléfono 647 92 22 10 ou no enderezo electrónico info@centroarqueoloxicodobarbanza.org











