NOIA> Será do 15 ó 17 de agosto, convertendo á vila noiesa na capital do jazz a nivel internacional con artistas convidados da talla de Steve Brown, Walter White ou Jorge Pardo, entre outros. Durante tres días Noia resoará a jazz. será os días 15, 16 e 17, da man do Noia Jazz, unha actividade das fixas na programación cultural do verán da vila e que este ano chega a súa novena edición. No cartel, artistas da talla de Steve Brown, Walter White ou Jorge Pardo, todos eles do máximo nivel internacional. Coincidindo ademais coa conmemoración este ano do 850 aniversario da vila de Noia procederase tamén á gravación do segundo traballo discográfico da Atlantic Bridge Band. Será no Coliseo Noela. Os amantes deste estilo musical teñen pois unha cita ineludible na vila noiesa. Será, en aberto, na Praza do Cantón.
Inicio crb