RIBEIRA> Máis de 300 participantes daranse cita na Carreira pola Diversidade de Ambar que celebra este ano o seu décimo aniversario. Sairá o domingo día 14 ás dez da mañá dende a explanada de Corso. Ademais das categorías absoluta e inclusiva, haberá tamén unha andaina na que poden participar as mascotas.
A Carreira pola Diversidade de AMBAR cumpre 10 anos e que mellor maneira de celebralo que participando.
A proba terá lugar o domingo día 14 coa saída prevista ás dez da mañá dende a explanada de Coroso.
Ademais das categorías absoluta, inclusiva e handbike, tamén se ofrecerá a posibilidade de realizar unha andaina con mascotas cun percorrido máis curto.
Máis aló da vertente deportiva e solidaria, a proba converterase nunha xornada festiva coa animación musical de Leite con jalletas e a batukada da Academia Boa Vibra.
Os interesados en participar poden inscribirse a través da web cronotec.es ata o martes día 9. Os que non poidan asistir teñen a posibilidade de colaborar a través do dorsal 0.










