Outes acollerá dúas xornadas do Festival de Narración Oral Atlántica

OUTES> O concello de Outes participa no festival de narración oral Atlántica con dúas actividades ó longo deste mes de xullo. As localizacións elixidas son o estaleiro de San Ciprián que acollerá os ‘Contos de Xapón’ e o náutico do Freixo con ‘Ida e Volta’ de En Branca e Negra.

Gozar da cultura nun marco incomparable. Este é o principal obxectivo do festival de Narración Oral Atlántica que recalará en Outes os días 6 e 13 de xullo. A primeira correrá a cargo de Yoshi Hioki que levará os seus contos de Xapón ata Broña.

Nesta segunda xornada, a narración mesturarase coa música no espectáculo de ‘Ida e Volta’ que fusiona tradición galega e cubana.