Fole e Lucio consideran que os orzamentos 2019 son malos para a provincia e O Salnés

VILAGARCÍA> A senadora, Marta Lucio e o deputado, Tomás Fole, compareceron esta mañá en Vilagarcía, para valorar os orzamentos do Estado. Uns orzamentos, que segundo eles mesmos afirman, pasan de puntillas polo Salnés e pola provincia de Pontevedra.
O deputado e senadora pola provincia de Pontevedra, Tomás Fole e Marta Lucio, compareceron esta mañá na sede do PP de Vilagarcía, para valorar os orzamentos do executivo de Sánchez para este 2019. A primeira en tratar o tema foi a senadora, quen afirmou que estes son unhas contas malas para a provincia de Pontevedra.
Pola súa banda o deputado, e ex alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, afirmou que os orzamentos son “incribles porque non hai quen os crea”. Para Fole estes orzamentos poden ser un castigo de Pedro Sánchez a terra do anterior presidente, Mariano Rajoy.
Os populares sinalan que son uns orzamentos que foron negados en Bruxelas e que agora despois de presentalos agora tan só queda esperar a ver si finalmente poden sacalos adiante.