Presentan en Noia unha nova edición do Torneo de Baloncesto 3×3

NOIA> A alameda noiesa acollerá os días 16 e 17 deste mes de agosto unha nova edición do do Torneo de Baloncesto 3×3 organizado polo Club Baloncesto Noia.

A actividade estará aberta a ás categorías U-12, U-16, Senior e veteranos.

Aínda que non ten un afán só competitivo, xa que busca ser máis unha festa do basket, dende a organizaron destacaron o alto nivel dos participantes e tamén o número de equipos inscritos, máis de 50 nestes momentos, chegados de toda a comunidade e mesmo de fóra.

Dende o Concello, que colabora coa actividade, destacaron a importancia desta iniciativa, non só polo aspecto deportivo, senón polo dinamismo que lle dá a vila.

As inscricións estarán abertas ata o día 10.

No caso de que as condicións metereolóxicas non foran favorables, o torneo disputaríase no pavillón Alonso Rodríguez.