O Arosa e o Grove gañan mentres que o Vilalonga perde na sua propia casa

FÚTBOL SALNÉS> No fútbol a xornada foi para todos os gustos na comarca do Salnés. O Arosa comezou moi ben a súa nova etapa con Gabi Leis ó fronte, os dous goles contra o Val deixan en moi boa posición o equipo vilagarciá.  O Vilalonga non lle foi tan ben o Coruxo lle colleu a dianteira gañándolle na súa propia casa por cero a un. En rexional preferente o Grove deulle unha lección ó Barbadás ó encaixarlle  cinco fermosos tantos.

O adestrador Gabi Leis tivo un gran éstreno ó fronte do Arosa. O seu equipo foi moi superior ó adversario, O Val e o demostrou en cada minuto de partido. Dende os primeiros intres de xogo os locais fixéronse có dominio absoluto do balón. Álex deu o primeiro aviso cun tiro tras unha falla rápida que non rematou como se esperaba. Pouco despois o lateral dereito de O Val foi expulsado polo que o primeiro gol non se fixo esperar. Despois do descanso un pase de Álex  a Ces  rematou nun tanto moi celebrado  polo público asistente. Cinco minutos despois Julián puxo a sentencia cun fermoso tanto que aseguraba a victoria do Arosa.

 

O Vilalonga non tivo tanta sorte. Os resultados continúan sendo negativos para un equipo que non remata de levantar cabeza. O Coruxo conseguiu o único gol do partido. Os primeiros minutos foron moi movidos xa que ámbolos dous equipos buscaban a portería contraria a toda costa. Aínda que o xogo  foi decaendo minuto a minuto, o Coruxo no minuto 17 logrou o seu obxectivo: marcar o primeiro e único tanto da xornada. Este gol foi como un xerro de auga fría para os de casa que non levantaron cabeza.

 

En rexional preferente O Unión Sociedade deportiva O Grove amosou toda súa calidade de xogo contra o Barbadás. Os de Luís Ochoa non cometeron ningún erro nesta xornada. No minuto oito  de partido chegou o primeiro tanto tras un centro de Marcos dende a dereita que rematou Fernando. Dende ese momento o dominio dos locais foi total, ata cinco veces entrou o balón na portería contraria nun partido histórico que esperase se repita a vindeira xornada.

Redacción Salnés