NOIA> A pesar de aceptala, como parte do xogo democrático, os edís do PP de Noia que conforman xunto con Noieses Independentes Agupados o goberno municipal, seguen a criticar as circunstancias nas que se produce esta moción de censura, propiciada, segundo eles, dun xeito completamente oportunista, aproveitándose do apoio dun concelleiro transfuga.
Magoados máis se cabe, porque esta traizón se apoia nun integrante da súa candidatura.
O alcalde, Santiago Freire, foi o encargado de defender a xestión do seu goberno á fronte do Concello.
Negou que a situación económica fose catastrófica, como apuntan os grupos da oposición que promoven a moción de censura, e con datos aludiu ó bo estado das contas municipais.
Tamén se referiu ós numerosos proxectos e obras realizadas nestes anos, cifrando en máis de 50 millóns de eruos de investimentos.
Segundo o rexedor, quen perde non é o PP, serán os veciños de Noia.
A partir do luns xa anunciaron que realizarán unha oposición seria e responsable, facendo propostas, defendendo proxectos e apoiando todo o que sexa bo para Noia.











