PONTEVEDRA> A Universidade de Vigo desembarcará no Edificio Maruxa Mallo. A entidade e o concello de Pontevedra acordaron que o grupo de investigación dirixido por Mario Pansera ocupará o terceiro andar do inmoble. Un acordo inicial que as dúas partes están dispostas a ampliar. Sobre a mesa está a posible implantación definitiva do proxecto de especialización do Campus Crea neste espazo.
A Universidade de Vigo desembarcará no Edificio Maruxa Mallo. O grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab dirixido por Mario Pansera instalarase no terceiro andar, o dedicado a Ursula K. Le Guin.
Ao redor de 20 persoas traballan actualmente neste grupo de investigación. Os seus proxectos abordan cuestións como a vivenda, a economía circular ou o desenvolvemento sostible. Unha das primeiras actividades que realizarán no Maruxa Mallo será un obradoiro internacional en abril sobre tecnoloxía, innovación e ritmos ecolóxicos.
Agora concello e Universidade de Vigo estudan ampliar este acordo ao redor do Maruxa Mallo. Sobre a mesa está a posibilidade de implantar de xeito definitivo o proxecto de especialización do Campus Crea neste espazo.
Fernández adiantou que a Universidade traballa xa para dotar o Maruxa Mallo dunha programación académica e de transferencia cara ao curso 2027/2028, coa implicación directa das facultades de Deseño, Belas Artes, Comunicación e Educación.











