O alcalde da Pobra aclara os motivos que lle levaron a encabezar a lista do PSOE

A POBRA> Segue a polémica na Pobra tralo anuncio de José Carlos Vidal de concorrer ás próximas eleccións municipais como cabeza de lista do PSOE. O alcalde quixo saír ó paso das declaracións realizadas por Nós Pobra aclarando que non abandonou a militancia do partido polo que o que foi elixido para ostentar a alcaldía. Tamén respondeu á solicitude de renuncia que lle formularon asegurando que a súa acta está a disposición do partido sempre que consigan chegar a acordo coas outras forzas da coalición para evitar a entrada do PP.

José Carlos Vidal quixo aclarar algúns dos puntos da comparecencia do seu aínda partido, Nós Pobra. A súa marcha, dixo, non se debe a ambición persoal de concorrer como cabeza de lista posto que, explicou, xa hai ano e medio que lle comunicou á asemblea que non se presentaría ás eleccións na lista de Nós Pobra.

Vidal desminte tamén que teñan abandonado as filas de Nós Pobra e solicitado a baixa como afiliado polo que a día de hoxe segue a ser membro do partido e rexedor baixo as súas siglas.

Con respecto á esixencia da súa renuncia como concelleiro, José Carlos Vidal, pon a súa acta a disposición do partido aínda que cun condicionante.

Lembra ademais o rexedor que, a pesar de encabezar a lista socialista, farao como independente posto que o seu obxectivo é dar continuidade a un proxecto político no que A Pobra está por riba de calquera sigla ou cor política.