A Operación Centinela Galego desprega 200 militares para a loita contra os lumes forestais

PONTEVEDRA> A partires desta fin de semana case 200 militares da Brilat vixiarán os montes galegos. O vindeiro domingo día 15 comezará a Operación Centinela Galego 2021, que se prolongará ata o 1 de outubro. Este ano serán trinta as brigadas que se encargarán de controlar os montes na loita contra os lunes forestais.

Este domingo, 15 de agosto, comeza nos montes autonómicos a Operación Centinela Galego 2021. Ata o 1 de outubro case 200 militares da Brilat estarán a disposición da Xunta de Galicia na loita contra os lunes forestais.

O operativo está formado este ano por 30 patrullas terrestres, tres máis que o ano pasado. Incorpóranse ademais outras novidades, como a creación dunha unidade de investigación específica con persoal exclusivo.

Neste obxectivo son fundamentais todas as cámaras que vixilan os montes galegos, cubrindo máis do 70% do territorio. Tamén os doce drons que a Xunta destina á loita contra os lumes, que ademais este ano están regulados por unhas normas máis flexibles.

Hai máis de 20 anos que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Defensa colaboran neste operativo. Medio Rural encargarase de financiar os gastos, cun orzamento de 470.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí