Ribeira avanza na dotación de paneis fotovoltaicos a máis instalacións públicas

O concello de Ribeira avanza na súa aposta polas enerxías renovables coa instalación de paneis solares en novos edificios públicos. Investirá máis de 40 mil euros para dotar destas fontes de subministro eléctrico á oficina de turismo, o centro de raqueta e a sede da policía local.

A música volverá inundar Rianxo co Festival Noites de Jazz

O martes día 29 arranca o Festival Noites de Jazz de Rianxo. Faino ademais volvendo ó emprazamento que o veu nacer, a praza Rafael Dieste, e coa Big Band da Escola de Música de Rianxo como mestra de cerimonias.

A alameda noiesa será escenario este sábado da I Feira do Deporte

Noia celebrará este sábado 26 de xullo a primeira edición da Feira do Deporte. Desenvolverase na Alameda, dende as dez da mañá ás dúas e media da tarde. Haberá stánds de clubs e entidades deportivas locais para dar a coñecer as actividades que realizan.

Noia celebra este sábado o XVII Certame de Pintura ao Aire Libre Juan José...

Noia celebra este sábado a dezasete edición do Certame de Pintura ó Aire Libre Juan José fernández Leiceaga. A cita, reunirá na vila, a preto dun cento de artistas de ámbito nacional e internacional. Co paso das edicións o concurso está a adquirir un maior auxe.

Portos autoriza a instalación das festas de Ribeira no recheo

Fíxose de rogar pero finalmente Portos de Galicia autorizou a instalación das atraccións de feira no porto de Ribeira. Así, os ribeirenses poderán gozar das festas no mesmo emprazamento que en anos anteriores para satisfacción tamén dos feirantes que sempre defenderon esta localización.

O concello de Boiro agarda iniciar a reforma da Casa da Cultura este ano

O concello de Boiro agarda comezar as obras de reforma da Casa da Cultura da Cachada antes de que remate o ano. O proxecto, cun orzamento próximo ós catro millóns de euros, está en fase de licitación.

A Pobra celebrará o Carme dos Pincheiros entre o 15 e o 18 de...

A Pobra celebrará as súas festas grandes entre o 15 e o 18 de agosto. O Carme dos Pincheiros encherá a vila de celebracións, música e tradición. Precisamente entre os elementos máis tradicionais destacan os xogantes e cabezudos que desfilarán polo concello durante os catro días que duran os festexos.

A conselleira do Mar participa en Outes na presentación do proxecto SeaLabHaus

A conselleira do Mar participou esta mañá en Outes na presentación do Laboratorio Atlántico do Mar, o SeaLabHaus. O proxecto busca integrar a arquitectura, o patrimonio, a cultura e o turismo do mar, promovendo un deseño funcional e moderno que sexa accesible a todos. 

O concello de Boiro rehabilita as vivendas dos mestres para darlle uso social

O concello de Boiro está a acometer a rehabilitación dunha vivenda na Avenida Compostela para darlle un fin social. é o primeiro paso dun ambicioso proxecto que contempla a rehabilitación do conxunto de inmobles da zona de Praia Xardín que antigamente se destinaban a residencia dos mestres.

Ribeira acolle este sábado o acto de clausura do Festival Salmoira en homenaxe a...

O segundo Festival de Muralismo Salmoira chegará á súa fin cun acto de clausura que se desenvolverá este sábado na Praza de España. Entre as creacións desta edición destaca o mural dedicado a Castelao, no 25 aniversario do seu pasamento.

REDES SOCIAIS

40,737FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete