RIANXO> Tamén en Rianxo continúan as mobilizacións no CEIP Ana María Diéguez de Asados. Este mediodía tiña lugar unha cacerolada ás portas do centro. Mentres tanto, as familias seguirán sen enviar ós alumnos a clase o que derivou no inicio do protocolo de absentismo escolar.
Concluída a primeira semana do curso, os nenos do colexio Ana María Diéguez de Asados seguen sen ir a clase, en sinal de protesta pola falla de profesorado. Esta situación derivou no inicio do protocolo por absentismo escolar que xa lle foi notificado ás familias. Sen embargo, esta medida, coa que xa contaban dende a ANPA, non lles fará nin moito menos dar marcha atrás nas súas propostas.
Ademais da cacerolada deste mediodía e de continuar con cero alumnos durante as próximas xornadas lectivas, a ANPA estuda novas medidas de presión para lograr a incorporación dun titor para quinto de primaria así como de especialistas a tempo completo que permitan ofrecer ó alumnados con necesidades específicas os apoios necesarios.











