RIBEIRA> A ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira intensificou as súas protestas. Trala concentración do pasado luns, esta mañá convocaron unha cacerolada na entrada do centro á hora de entrada do colexio. Manterán esta medida de presión tódolos días entre as nove e media da mañá ata lograr a incorporación dun titor para terceiro de primaria.
A comunidade educativa do CEIP O Grupo segue en pé de guerra para lograr que a Consellería atenda as súas demandas. Tras un claustro extraordinario celebrado a pasada tarde, no que a directiva do centro dimitiu en bloque, os mestres acordaron intensificar as protestas. A ANPA secundou a medida convocando unha cacerolada entre as nove e media da mañá que se repetirá a diario ata ter resposta de Educación.
Dende a Consellería alegan que o centro conta cos recursos docentes que lle corresponden e que o número de profesionais é mesmo superior ó catálogo que lle correspondería.
A incorporación do titor para terceiro non é a única demanda dos pais que reclaman máis especialistas e coidadores para atender ó alumnado con necesidades especiais así como a mellora das instalacións e o remate de obras pendentes. Ademais das protestas adoptarán outras medidas de presión como unha campaña de recollida de sinaturas.











